Avelino González estará en Ribeira este venres con “Contos que foron chistes”

16 Marzo 2026

O narrador, actor e humorista Avelino González vai estar no Auditorio Municipal de Ribeira este venres, día 20 de marzo. Acudirá co espectáculo Contos que foron chistes.

Segundo avanza o propio Avelino González, “en todas partes hai moito que contar. Rabuñando un pouco, en todas partes saen personaxes pintorescos ou importantes, lendas de mouras e tesouros, anécdotas e sucedidos tráxicos ou cómicos ou amorosos. Para esta sesión de contos busco historias do lugar onde vaia contar: libros, literatura local, blogues, páxinas web e tamén na toponimia e o vocabulario. Nalgúns sitios hai máis, noutros menos, pero en todos hai. E así, créase un repertorio no que se poderá recoñecer o lugar e a xente. Estas historias poderían ser argumentos de series de televisión, pero non saen nas series de televisión. Así que imos contalas!”.

Día: venres, 20 de marzo.

Hora: 21:15 horas

Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira

Entrada: gratuíta ata completar capacidade

Avelino González

Actor, contador, monologuista, tradutor… Avelino González é o que faga falta. Empezou nisto por casualidade e agora gústalle incluso picar entradas. Gústalle entreter á xente con personaxes e historias que emocionen e divirtan porque a el tamén lle gusta que o emocionen e o divirtan.

En televisión ten actuado en series como Serramoura, Pazo de Familia ou Padre Casares para a TVG e na TVE1 en Hospital central, Cuéntame ou Seis hermanas. Ademais de diferentes traballos para cine ou series web. En teatro actúa, dirixe e traduce, tendo varios premios por obras como Bicos con Lingua ou Comedia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.