“Ata cando esta sangría” – José Manuel Pena

31 Marzo 2026

Oxalá che toque a lotería! Demasiado contento está o pai de familia tras acadar un acordo coa entidade financeira para a sinatura dunha dación en pago da súa vivenda habitual. É unha maneira de agradecer o noso traballo. Respóndolle, oxalá toque! Sempre é unha satisfacción poder axudar ás familias humildes e traballadoras que se senten como culpables dunha situación na que só son vítimas inocentes.

Dúas irmás, de mediana idade, buscan axuda para evitar quedarse na rúa. Sobreviven sen ingresos e a pesar de todo manteñen a cabeza alta, mirándoche fixamente aos ollos. Saben que os casos de desaloxos, que sentían afastados e vían sentadas no sofá fronte ao televisor, agora téñenos máis preto e poderían ser unhas tristes protagonistas. Pan con atún e algún que outro prato de pasta é o menú co que se atopan, cada día, no seu fogar. O peor de todo é que a súa nai ten propiedades e diñeiro suficiente para poder sacalas dese inferno pero pasa delas, sen ningún cargo de conciencia.

Chega unha muller. Respira con dificultade e antes de senta fronte a nós rompe a chorar. Levántome, doulle un abrazo e pregúntolle pola súa situación. Apenas chegan a fin de mes e de pagar a hipoteca xa nin llo expoñen. Ten medo a quedar na rúa, xunto ao seu marido e os seus dous fillos menores. Poñémola en contacto con varias ONGs e os servizos sociais para as axudas de emerxencia necesarias. Coméntanos que sabe coser e conseguímoslle unha máquina para que poida arranxar a roupa da familia e poida facer algúns traballos para veciños e achegados. Así podería sacarse un diñeiro que necesita para sobrevivir.

Agora o fin do mundo achégase ao Barbanza e neste caso unha familia de Fisterra chámanos para comentarnos que estaría disposta a entregar a súa vivenda ao banco se lle concedesen unha dación en pago. Custoulles suor e bágoas construír a vivenda unifamiliar e agora despois de máis dunha década, ante a falta de traballo e a enfermidade do home xa non poden facer fronte á hipoteca.

Ata cando durará esta sangría para tantas familias inocentes?

Outros artigos

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

+

“CRÓNICAS RIBEIRENSES: Pezzo número 1, fuoco!” – Antón Luaces

Era funcionario do sindicato vertical franquista. E desde os vellos tempos (anos 50 do século pasado) xogaba con Moncho "Mocas" (daquela un dos poucos perruqueiros de Ribeira) a quiniela semanal que se selaba exclusivamente no café de Núñez, sito na rúa Rosalía de...

+

“El teatro contra el algoritmo”. Alberto Barciela

¿Qué es comedia?, se preguntaba Agustín de Rojas allá por el siglo XVI, y él mismo se respondía con la voz del artesano: “Una pintura viva, un espejo de las costumbres, un espejo de la vida, un retrato de las verdades, una imagen de las virtudes, un aviso de los...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Coma en Bizancio”. Xosé Antonio López Silva

“Coma en Bizancio”. Xosé Antonio López Silva

O 1 de setembro comeza o ano.Non hai discusión posible se un repara no que sucede nas casas estes días. Desfanse as maletas tras o descanso do verán, aínda que hoxe hai quen fale, en tecnicismo, de vacacións desestacionalizadas ou esas microvacacións que traen consigo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.