As rúas de Ribeira vibrarán ao son da música durante a Semana Santa

25 Marzo 2026

Grupos e artistas locais encargaranse de dinamizar as contornas dos locais hostaleiros de Ribeira nunha nova edición das Rúas Musicais de Semana Santa neste 2026. Trátase dunha ducia de concertos de distintos xéneros musicais que porán o toque lúdico a esta época.

“Con esta programación queremos poñer o toque lúdico á época de Semana Santa e axudar a dinamizar máis o noso municipio a nivel social e económico. Ademais, é un apoio a artistas e grupos locais e esta proposta servirá de escaparate para o seu talento ao mesmo tempo que se amenizan as contornas dos locais hostaleiros. E entraron nesta proposta tódolos bares que quixeron participar na iniciativa”, apuntou o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes.

Pola súa parte, a edil de Turismo, Ana Barreiro, indica que “increméntase así a oferta cultural cunha proposta para ir consolidándose no calendario de actividade municipal. Animará as nosas rúas aproveitando a chegada da primavera, que xa nos convida a facer maior vida social e, nestas datas, moitas persoas aproveitarán para coller vacacións. Teremos música en distintas franxas horarias e lugares. O bo ambiente e a boa compañía están garantidos”.

Así, preténdese fomentar o concepto do tardeo polos bares ribeirenses e darlle vida noutros horario máis alá do ocio nocturno con alternativas desta índole, como explicou a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Ribeira, Paula Chouza, na compaña do tamén socio, David Fernández.

Durante o mes de marzo concentraranse en tres días. No día 27 estará Loren Tevra, ás 20.00 horas, na Pizzería D’Vicio; e, ás 22.30 horas, Amores de Barra irá á Caseira.

Xa no día 28, Dani DJ fará o propio no Cocoluche, ás 16.30 horas, e Ajencia Trivutaria, ás 20.00 horas, na Cafetería Zum Zum. E, no día 29, Airband desprazarase á rúa do Sal, ás 15.00 horas.

No que respecta ao mes de abril, estarán outras tres xornadas. No día 1, Os Buguis tocarán no Liverpool Music Club, ás 22.00 horas; mentres que no día, a música de Airband soará entre no Botter e O Cuco, ás 13.00 horas, e Os Buguis, ás 18.00 horas, no Ventos Vellos e Recoveira. Para finalizar, no día 4, Open Drink situarase na Cambadesa, ás 13.30 horas; Chiña, no Tagen Ata, ás 16.30 horas; Aliaxe, no Clandestino Bar, ás 23.00 horas; e D’Crooners, no Reviravolta Bistro, ás 23.00 horas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.