As Rías Baixas e Santiago vivirán un domingo de nubes e chuvascos antes da chegada dunha fronte fría pola noite

06 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago afrontarán este domingo unha xornada de tempo variable, marcada pola presenza de nubes e pola chegada dunha nova fronte fría que deixará chuvias máis intensas ao final do día.

A mañá comezará con ceos parcialmente cubertos e coa presenza de bancos de néboa, especialmente en zonas do interior e vales próximos a Santiago. Co paso das horas, a nubosidade manterase variable e poderían rexistrarse algúns chuvascos ocasionais, máis probables durante a tarde tanto no litoral das Rías Baixas como na comarca compostelá.

Será xa pola noite cando se note con máis claridade o cambio de tempo, coa chegada dunha fronte fría que deixará ceos cubertos e precipitacións máis intensas na metade oeste de Galicia, afectando de cheo ao litoral atlántico e ás Rías Baixas.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente, un aumento que será máis notable na metade norte do país.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte durante o día, pero virarán a suroeste e intensificaranse pola noite, coincidindo coa chegada da fronte e co aumento das precipitacións.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 2 a 2.5 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.