As obras no paseo dos Areos, na Pobra, avanzan a bo ritmo e encaran a súa finalización antes de Semana Santa

24 Marzo 2026

As obras de reparación do paseo dos Areos avanzan a bo ritmo. Así o confirmou o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, tras visitar estes días a zona xunto á concelleira de Obras, Patricia Lojo, para comprobar de primeira man a evolución do proxecto. O rexedor confía en que as intervencións estean rematadas “á maior brevidade para que esta contorna estea en perfectas condicións de cara á chegada da Semana Santa”.

Como lembraremos, o Concello da Pobra impulsou esta actuación con carácter urxente debido ao deterioro existente nun tramo de aproximadamente 90 metros lineais e que podía mesmo comprometer a DP-6703, unha das arterias fundamentais do termo municipal. Para solucionar esta situación e recuperar o espazo para o uso da veciñanza, iniciouse un expediente destinado á consolidación da cimentación do paseo mediante o reforzo do muro.

Neste sentido, o alcalde subliñou que “a execución destes traballos non debería correr a cargo do Concello, senón doutras administracións”. Con todo, tal e como incidiu, “ante unha situación na que o que está en xogo é a seguridade dos veciños e veciñas, consideramos prioritario levala a cabo”.

O proxecto inclúe o recalce da cimentación por bataches, cunha penetración de 80 centímetros respecto á rasante actual da area, completándose posteriormente co recheo con formigón. Trátase dun sistema xa empregado con éxito anteriormente noutro tramo do paseo, que permitirá estabilizar de maneira temporal a estrutura.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.