Artes converterase en epicentro do folclore galego co Bruón Folk Fest do 8 ao 9 de maio

23 Marzo 2026

Ribeira comeza xa a quecer motores cara as distintas festas que se desenvolverán no verán, constituíndo o Bruón Folk Fest unha das primeiras citas a celebrar do 8 ao 9 de maio, organizada pola Asociación Cultural Os Liantes e coa colaboración das concellerías de Cultura e Festexos, ademais de empresas locais.

Pero xa antes, no sábado, 28 de marzo, haberá unha foliada bruona baixo o lema O bruído que nos xunta, a partir das 19.30 horas, na carpa de usos múltiples. Un total de 16 grupos tradicionais farán desfrutar ao público asistente coa música e baile propios do folclore galego: Andavía Acordeonistas, Silvaveiras, As Ferreñas, As Garridiñas, Espiñeira, O Facho, Nunca é Tarde, Aroña, Rumbía, D’Palique, Os da Boina, Arrancadeira, A Foliada do Montiño, Mar de Cabo, Os Pequenos do Barbanza e Bailadela con As 7 linguas da Asociación Francisco Lorenzo Mariño.

Ademais, faranse sorteos e levaranse a cabo actividades co fin de recadar fondos para o festival.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, puxo en valor o Bruón Folk Fest, pois “é un evento moi importante para a cultura e a música tradicional galega”, descentralizando as accións lúdicas da cidade para levalas ao rural, concretamente, á parroquia de Artes.

O edil de Festexos, Fernando Abraldes, sinalou que estamos “ante un evento para celebrar a nosa cultura” que medra cada ano, erixíndose como unha actividade interxeracional. Agradeceu tamén o traballo da entidade promotora para manter o espírito desta festa “máis vivo ca nunca”.

A programación da terceira edición do Bruón Folk Fest concentrarase en dúas xornadas; un festival que “evoluciona dunhas foliadas a outro formato máis grande”, en palabras do secretario da Asociación Cultural Os Liantes, Ventura Otero, para dar un paso máis e facer unha experiencia con moita actividade.

No venres, 8 de maio, haberá unha mesa redonda na que se porá o foco no mundo da comunicación con motivo do Día das Letras Galegas e da homenaxeada neste 2026: a xornalista e escritora Begoña Caamaño. E, se no ano pasado, a Banda Bruona logrou reunir aos antigos membros da Banda de Gaitas de Artes, desta volta apóstase por un gran concerto colaborativo que servirá para o recordo e a irmandade. Diversos artistas locais unirán o seu talento sobre o escenario para dar a coñecer toda a creatividade de Ribeira e do Barbanza. Como broche de ouro a ese primeiro día, o rito da queimada fundirase coa enerxía do grupo ourensán Five Pipers.

Para o sábado, 9 de maio, proxéctase o Espazo Bruonciño; unha área dedicada en exclusiva ao público infantil que, como novidade, contará cun parladoiro cunha persoa recoñecida no ámbito da música galega. O programa completarase coa sesión vermú, actividades e xogos para os máis maiores e un obradoiro de baile impartido por unha figura de recoñecido prestixio do eido tradicional. Xa na noite será a quenda dos concertos, onde as voces femininas e o baile terán un papel central, ademais de agarimo para os galegos e galegas que, dende a distancia, difunden a nosa música fóra de Galicia.

Finalmente, as voces soarán ao unísono para interpretar o Himno Bruón como peche do festival.

Estrea da camiseta de 2026

O presidente da entidade, Pablo Silva, tamén na compaña do vogal da mesma, Jorge Maño, desvelou que a camiseta deste ano recupera o concepto do Boi Bruón poligonal, obra do artista Andrés Paz. Poderase adquirir xa na propia foliada do 28 de marzo a un prezo de 15 euros para recadar fondos para o festival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.