AMEGA pon a primeira pedra para unha comunicación máis sa e en galego cun obradoiro sobre o Fediverso

28 Marzo 2026

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) da que forman parte O Barbanza e Código Cero, celebrou este sábado en Santiago de Compostela un obradoiro formativo centrado no uso do Fediverso como alternativa ás redes sociais tradicionais. A sesión foi impartida polo experto en comunicación dixital Joxe Rojas.

Baixo o título “Medios locais no Fediverso: por unhas redes sociais máis sanas”, a actividade permitiu a profesionais dos medios coñecer ferramentas dixitais orientadas á creación de espazos máis éticos, descentralizados e respectuosos coa lingua e coa comunidade.

Durante a xornada, oss asistentes tiveron a oportunidade de crear os seus propios perfís en Mastodon, iniciando así un camiño cara unha maior autonomía dixital e unha comunicación máis sostible.

O obradoiro contou tamén coa intervención de Rafael Alcalde, responsable de Mastodon.gal, quen compartiu a súa experiencia na creación e dinamización dunha comunidade dixital en galego. Alcalde destacou o potencial do Fediverso para reforzar a presenza da lingua galega no ámbito dixital.

Desde AMEGA subliñan que esta iniciativa supón “poñer a primeira pedra para unha comunicación máis sa e en galego”, apostando por un ecosistema mediático máis forte, colaborativo e alleo a dinámicas que condicionan a visibilidade dos contidos nas plataformas tradicionais.

A actividade enmárcase dentro dun proxecto impulsado coa colaboración da Deputación da Coruña, orientado ao fortalecemento dos medios en galego e á súa adaptación ao novo contexto dixital. Ademais, contou co apoio do Concello de Santiago de Compostela, que cedeu as instalacións do CERSIA para o desenvolvemento da sesión.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...