Ambar achega nunha xornada recursos para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional

18 Marzo 2026

A asociación inclusiva Ambar estivo na mañá deste mércores 18 de marzo no Centro de Interpretación dos Castros de Baroña (Porto do Son) celebrando unha xornada sobre recursos e trámites para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidades funcionais. O encontro, que deu comezo ás 11:30h, tivo como obxectivo principal achegar ferramentas clave á cidadanía para facilitar o acceso a servizos esenciais e, en última instancia, promover unha mellora na súa calidade de vida.

Durante a sesión, as persoas asistentes puideron afondar no coñecemento de diversos procedementos administrativos e recursos dispoñíbeis que con frecuencia resultan complexos de xestionar. A xornada non só funcionou como unha sesión informativa, senón tamén como un espazo de diálogo onde se compartiron experiencias e se resolveron inquedanzas de xeito directo. A encargada de informar e resolver as dúbidas foi Raquel Lojo, traballadora social da Asociación Ambar.

Esta xornada enmárcase dentro dun conxunto de xornadas que se levará a cabo en varios concellos da contorna. Realízase grazas ao financiamento da Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade), con co-financiamento de fondos europeos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.