Afundación presentou “Castelao grafista (facsímile)” en Rianxo

05 Marzo 2026

Afundación, a Obra Social de Abanca, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra Castelao grafista (facsímile), conformada por fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente Ballester e incluída no programa Corrente cultural, desenvolvida en colaboración coa entidade financeira e os diferentes concellos galegos.

Tras os diferentes eventos celebrados ao longo de 2025, Ano Castelao, esta mostra, unha das máis visitadas de Afundación, chegou esta semana a Rianxo, vila natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, co propósito de dar continuidade á homenaxe a “un home imprescindíbel na cultura e política galegas do século XX cadrando coa conmemoración do 140 aniversario do seu nacemento”.

Coa presentación desta exposición de Afundación en Rianxo, búscase seguir promovendo o coñecemento e o estudo dun home e dun tempo decisivos para o devir da Galicia contemporánea.

A inauguración tivo lugar esta mañá no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo e contou coa presenza do alcalde, Julián Bustelo Abuín; o coordinador institucional de Abanca na provincia da Coruña, José Manuel Vilariño Orgeira; a directora da oficina de Abanca en Rianxo, Paula Outeiral Martínez; e a coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación, Paloma Vela Garicano.

A exposición permanecerá aberta ata o 1 de abril na sala de exposicións do propio centro sociocultural, en horario os luns de 10.00 a 14.00 h, e de martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17. 00 a 20.00 h. 

Como complemento a esta mostra, e co obxectivo de promover a educación e o coñecemento a través da cultura, a Obra Social de ABANCA desenvolveu un exhaustivo e atractivo programa didáctico deseñado para o alumnado a partir de 4.º de primaria asentado en dúas partes: unha visita comentada e unha proposta artística e de STEAM no obradoiro.

Enmarcada tamén na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais, a entidade convida aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar esta exposición.

A mostra, que conta coa facsímiles de pezas procedentes das coleccións de arte de Abanca e Afundación así como doutras coleccións privadas e públicas, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración.

O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbums de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.