Adíado ata o xoves o desvío do tráfico previsto para a montaxe da pasarela da nova senda Milladoiro–Intermodal. Afecta á saída e entrada da AP-9 e enlace coa Estrada de Noia

10 Marzo 2026

A Xunta adiará ata este xoves, día 12 de marzo, a montaxe da pasarela, no marco das obras en execución da senda peonil e ciclista Milladoiro–Intermodal, o que fará necesario realizar un corte puntual de tráfico no enlace que conecta a autovía AG-56 coa SC-20 e coa AP-9 en sentido Santiago.

A restrición da circulación é necesaria para levar a cabo a montaxe da citada pasarela no punto quilométrico 1+390 da nova senda, unha operación que require a ocupación da zona e a adopción de medidas especiais de seguridade durante os traballos.

A nova previsión e que esta afección ao tráfico se limite unicamente a unha xornada, neste caso este mesmo xoves, en horario diúrno, entre as 9.00 e as 20.00 horas.

Os ramais que permanecerán pechados durante ese período serán os seguintes:

  • Ramal 72, saída da AG-56 e incorporación á SC-20 en sentido Santiago (punto quilométrico 72+000 a 72+400).
  • Ramal 70, incorporación á AG-56 desde a SC-20 en sentido Santiago (quilómetro 70+000 a 70+400).
  • Ramal 71, incorporación á AG-56 desde a SC-20 en sentido Santiago (quilómetro 71+000 a 71+900).

Durante o tempo que duren estas restricións habilitaranse itinerarios alternativos para facilitar a mobilidade do tráfico.

Así, o tráfico procedente da AG-56 cara a Santiago pola SC-20 deberá incorporarse á SC-20 en sentido Milladoiro polo ramal 73 e realizar o cambio de sentido na glorieta do Milladoiro.

Pola súa banda, o tráfico procedente da SC-20 en sentido Santiago que se incorpora á AG-56 ou á AP-9 deberá continuar pola SC-20 en sentido Santiago ata a glorieta de enlace co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde poderá efectuar o cambio de sentido para incorporarse posteriormente á AG-56/AP-9 desde a SC-20 sentido Milladoiro polo ramal 74.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.