A Xunta inviste máis de 70.000 euros na mellora do equipamento da Piscina Municipal de Outes

31 Marzo 2026

A delegada da Xunta da Coruña, Belén do Campo, supervisou este martes 31 de marzo, xunto ao alcalde de Outes, Francisco Calo, as instalacións da Piscina Municipal para comprobar o resultado das actuacións financiadas coa colaboración da Xunta. Durante a visita, a representante do Goberno autonómico destacou que “esta intervención contou cun investimento de máis de 70.000 euros, dos cales máis de 63.000 euros foron achegados pola Xunta de Galicia, o que supón arredor do 90 % do custo total”. Engadiu que esta actuación foi posíbel grazas a un convenio que tivo por obxecto fixar as liñas de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Outes permitindo renovar e modernizar diferentes elementos do complexo deportivo.

A delegada comprobou que as melloras executadas incluíron un novo equipamento para o ximnasio municipal, coa incorporación de máquinas de cardio e musculación que substitúen ás existentes, xa deterioradas polo paso do tempo, así como a instalación dun autómata para a xestión da maquinaria da piscina, que permitirá un control máis eficiente de parámetros como a temperatura da auga e do aire ou o funcionamento das válvulas e sistemas auxiliares, mellorando o rendemento enerxético e o mantemento das instalacións.

Ademais, incorporouse unha cadeira elevadora no vaso da piscina, “unha actuación fundamental para garantir a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida e facilitar o uso por parte de colectivos como os usuarios do Centro de Día de Outes”, explicou, lembrando que o ximnasio municipal de Outes, aberto desde maio de 2007, presta servizo de luns a sábado durante todo o ano, agás o mes de agosto destinado ao seu mantemento, e forma parte dun complexo deportivo que integra distintas salas de actividades, zona de mantemento, espazo de ximnasio e a propia piscina, rexistrando unha media diaria de arredor de 300 usuarios.

Así mesmo, estas instalacións son empregadas por centros educativos como o CEIP e o IES Francisco Añón de Outes, ademais de contar con convenios con diversas entidades deportivas e sociais, entre elas un equipo de tríatlon e o centro de día, o que pon de manifesto o seu papel como espazo de referencia para a práctica deportiva, a educación e a inclusión social no municipio.

A delegada territorial destacou a adhesión do Concello de Outes ao programa Adestra a túa Saúde, unha iniciativa destinada a mellorar o benestar dos maiores, promovendo a actividade física axustada a cada persoa e facilitando o seu seguimento por médicos e especialistas.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.