A Xunta destaca o éxito da segunda edición de Da Pobra a Portosín, Tapeando polo Mar

28 Marzo 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou este sábado na xornada de clausura da segunda edición da iniciativa gastronómica Da Pobra a Portosín, Tapeando polo Mar, que se consolida como unha proposta de referencia para a promoción dos produtos do mar galegos.

O evento puxo o broche final a tres sábados consecutivos de actividade nos que os establecementos hostaleiros da Pobra do Caramiñal, Porto do Son e, nesta última xornada, os de Ribeira, ofreceron ao público unha ampla variedade de tapas elaboradas con produtos pesqueiros como o mexillón, o atún e a anchoa.

Durante a súa visita, Ángeles V. Suárez destacou a boa acollida da iniciativa tanto por parte do sector hostaleiro como da cidadanía, subliñando a importancia deste tipo de accións para impulsar o consumo de produtos do mar e apoiar ao mesmo tempo a economía local.

A Xunta colaborou un ano máis con este evento no marco da súa aposta pola promoción e posta en valor dos produtos pesqueiros de Galicia, contribuíndo ademais a dinamizar a actividade hostaleira e o turismo nas vilas costeiras participantes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.