A Xunta aproba un plan de 157 millóns para facer fronte ao impacto da crise en Oriente Medio

30 Marzo 2026

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou este luns a aprobación dun plan autonómico dotado con 157 millóns de euros destinado a apoiar os sectores produtivos máis afectados e ás familias vulnerables ante os efectos da crise derivada da guerra en Oriente Medio.

A iniciativa contempla un total de 20 liñas de actuación que combinan medidas urxentes no ámbito autonómico con propostas dirixidas ao Gobierno central e á Unión Europea.

Plan anticrise da Xunta: 62 millóns para empresas, 45 para agro e mar e 23 para vulnerables

Entre as accións máis inmediatas, destaca a mobilización de 62 millóns de euros en préstamos para empresas e pemes a través do Instituto Galego de Promoción Económica, co obxectivo de garantir liquidez e favorecer a continuidade da actividade económica. Para axilizar a súa tramitación, habilitarase un procedemento extraordinario que permitirá resolver solicitudes nun prazo máximo de dez días. Así mesmo, simplificaranse os trámites administrativos para proxectos estratéxicos vinculados a enerxías renovables, industria verde, dixitalización e tecnoloxías da información.

No ámbito social, o plan inclúe máis de 6 millóns de euros destinados a medidas como moratorias, aprazamentos e condonacións parciais de alugueiros en vivendas públicas, ademais de reforzar axudas como o Bono Social Térmico, a RISGA ou as prestacións de emerxencia social, co fin de mitigar o impacto do encarecemento enerxético nos fogares.

En canto ao apoio a sectores produtivos, prevese un investimento de 44,9 millóns de euros, con especial atención aos ámbitos pesqueiro e agrario. Desta cantidade, 25,5 millóns dedicaranse a modernizar infraestruturas portuarias, lonxas e sistemas de cadea de frío, así como a impulsar proxectos de transformación, comercialización e economía circular. Pola súa banda, o sector agrario contará con 19,4 millóns, incluíndo iniciativas de promoción agroalimentaria, fortalecemento de cadeas curtas e valorización do produto local.

O sector turístico recibirá 5 millóns de euros para reforzar a promoción de Galicia como destino seguro e sostible, destacando o seu patrimonio natural, cultural e gastronómico nun contexto de inestabilidade internacional.

En materia de eficiencia enerxética, o plan destina preto de 40 millóns de euros á rehabilitación de edificios e ao impulso do autoconsumo e de comunidades enerxéticas, especialmente en polígonos industriais, co obxectivo de reducir a vulnerabilidade enerxética e mellorar a competitividade.

O programa incorpora ademais un sistema de gobernanza e seguimento para avaliar o seu impacto e coordinar a execución entre administracións. Así mesmo, inclúe propostas ao Gobierno central e á Unión Europea para reforzar políticas fiscais, contratación pública, mobilidade e infraestruturas, así como para flexibilizar a xestión de fondos europeos.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, subliñou a importancia de manter unha comunicación constante coas agrupacións industriais produtivas para adaptar as medidas ás necesidades reais do tecido empresarial galego.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.