A Xunta abre o martes o prazo para solicitar máis de 10.500 prazas nas escolas infantís públicas para o curso 2026-2027

15 Marzo 2026

A Xunta de Galicia abrirá o vindeiro martes, 17 de marzo, o prazo para que as familias galegas soliciten unha das máis de 10.500 prazas ofertadas nas escolas infantís públicas autonómicas de cara ao curso 2026-2027.

Este será o quinto curso consecutivo no que a atención educativa no primeiro ciclo de Infantil será totalmente gratuíta en Galicia durante oito horas ao día e once meses ao ano, unha medida que se aplica a todas as escolas infantís independentemente da súa titularidade. A comunidade foi pioneira en implantar esta gratuidade de forma universal.

Na actualidade, máis de 32.000 familias benefícianse desta iniciativa, que lles permite aforrar ata 4.000 euros anuais por neno. Para facela posible, o Goberno galego destina máis de 68 millóns de euros anuais de fondos propios.

Grazas a esta política de apoio á conciliación, Galicia sitúase á cabeza do Estado en taxa de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil, cunha porcentaxe próxima ao 65%, o que supón arredor de 15 puntos por riba da media nacional.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.