A xornada do domingo 22 estará marcada pola estabilidade atmosférica deixando un tempo en xeral seco e agradable

21 Marzo 2026

A xornada do domingo estará marcada pola estabilidade atmosférica grazas ás altas presións, deixando un tempo en xeral seco e agradable.

Rías Baixas:
Amencer con algunhas nubes baixas ou brétemas costeiras, que irán desaparecendo pola mañá. O resto do día quedará con ceos pouco nubrados ou despexados. Vento do nordés moderado no litoral, o que pode deixar sensación de algo máis de fresco.

Santiago de Compostela:
Inicio do día con néboas ou nubes baixas, especialmente nas primeiras horas. Co avance da mañá abriranse claros, quedando unha tarde maiormente soleada. Non se agardan precipitacións.

Temperaturas:
Lixeiro descenso tanto nas mínimas como nas máximas, con ambiente suave pero algo máis fresco ca en días anteriores.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.