A programación da Deputación neste 8M lembra que sen as mulleres non hai progreso nin xustiza social

06 Marzo 2026

A Deputación da Coruña conmemora este ano o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cunha programación que combina memoria, igualdade e participación social, cun eixo común: o poder colectivo das mulleres para transformar a sociedade. O obxectivo da iniciativa é “poñer en valor a forza que sostén a vida comunitaria e impulsa cambios reais, mesmo cando non sempre é recoñecida”, segundo informou a institución provincial, que subliña “recuperar a memoria das mulleres, visibilizar as súas resistencias e fortalecer a sororidade permite lembrar que a igualdade non está garantida, senón que se constrúe cada día coa implicación activa de toda a cidadanía”. Neste sentido, a programación deste 8M pon o acento en que sen as mulleres non hai progreso nin xustiza social.

Entre as actividades previstas figura a presentación do proxecto Mulleres da Reconversión, unha iniciativa que recupera a memoria e o papel das mulleres na reconversión naval dos anos 80 e 90 en Ferrolterra. O proceso incluíu encontros en Fene, a recollida de testemuños, unha visita ás antigas instalacións de ASTANO e a creación dun documental, dunha exposición itinerante e dunha publicación dixital. A presentación pública terá lugar este venres, 6 de marzo, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Fene.

A programación inclúe tamén o concerto Vacanal Sinfónica, co que o grupo De Vacas celebra o seu décimo aniversario. O espectáculo desenvolverase o 7 de marzo, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo, e contará con arranxos de Lucas Rei, coa participación do Coro da Ra baixo a dirección de Ramón Bermejo e cunha orquestra creada especificamente para este proxecto.

Nos próximos meses levarase a cabo ademais unha adaptación para interiores da exposición Sinaladas, da xornalista e investigadora Montse Fajardo. A mostra percorre cen anos de loita das mulleres galegas a través de 39 paneis distribuídos en tres bloques temáticos: o período anterior ao golpe de Estado; a loita contra a ditadura, coa participación antifascista, o apoio á guerrilla, o exilio e as violencias específicas exercidas contra as mulleres; e o tempo posterior, que aborda as consecuencias da ditadura, as loitas laborais e as primeiras iniciativas do feminismo, entre outros aspectos. A exposición presentarase en cinco concellos da provincia: Coirós, Moeche, Muros, Muxía e Sobrado.

Ademais destas propostas, ao longo dos vindeiros meses desenvolveranse múltiples actividades en concellos da provincia, con obradoiros, teatro, contacontos, proxeccións de curtas e propostas para público infantil e adulto. As accións contarán coa participación de compañías e entidades comprometidas coa igualdade, o feminismo e a diversidade. A información completa poderá consultarse a través da web e das redes sociais da Deputación da Coruña.

Por último, a Deputación da Coruña impulsa tamén a avaliación do I Plan Provincial de Igualdade e a diagnose previa á elaboración do II Plan Provincial de Igualdade 2027–2031, co obxectivo de reforzar as políticas públicas de igualdade en toda a provincia.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.