A Pobra rende homenaxe ao seu artista Demetrio Bermo cunha mostra de tallas e pinturas

07 Marzo 2026

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, na Pobra do Caramiñal acolleu este venres 6 de marzo a inauguración da exposición de tallas e pinturas do veciño da localidade Demetrio Bermo, un dos referentes da artesanía galega contemporánea. O acto contou tamén cunha actuación musical a cargo de Glauka e Tato, que se encargarán de amenizar esta apertura.

Con máis de 70 anos de traxectoria como deseñador, ebanista e tallista, Demetrio Bermo é autor de numerosas obras sacras e de mobiliario artístico que o sitúan como unha figura destacada da artesanía galega.

Entre as súas creacións máis recoñecidas atópanse retablos como o dedicado a Santa Rita na igrexa do Caramiñal, o da Virxe da Mercé na capela de Postmarcos ou o peto esmoleiro dedicado a San Roque que doou ao Museo Valle-Inclán.

A exposición permitirá ao público achegarse a unha selección das súas tallas e pinturas, nas que se reflicte a precisión artística que o caracteriza.

Asistiron o alcalde, Jose Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.