A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

03 Marzo 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara “a unha igualdade real”.

“Este 8M queremos que a nosa vila sexa un espazo de reflexión, de visibilización e tamén de participación activa”, sinalou a concelleira da área, Estefanía Ramos, durante a presentación da programación, na mañá deste martes 3 de marzo.

A edil fixo fincapé en que “traballar pola igualdade debe ser un compromiso diario e unha responsabilidade colectiva que garanta dereitos, oportunidades e respecto para todas”.

O programa tamén contempla nesta edición varias propostas centradas no traballo co-educativo. Así, os colexios de educación infantil recibirán ao longo da semana un lote de libros que permitirán abordar na aula cuestións tan importantes como a igualdade, a resolución de conflitos de forma pacífica, o respecto pola diversidade ou a deconstrución dos roles de xénero.

Entre os títulos seleccionados atópanse Nos tratamos bien, Mieko baila e Jorge lleva el pelo largo, recursos que fomentan desde idades temperás valores como a convivencia ou o respecto.

Por outra banda, os centros de educación primaria contarán con xogos que promoven actitudes como a sensibilización, cooperación e respecto. A través deles, os nenos e nenas poderán reflexionar e derrubar estereotipos e roles de xénero, contribuíndo así á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Ademais, ao longo desta semana levarase a cabo a presentación do Servizo de Igualdade no IES A Pobra, no CPR Divino Maestro e no CAD A Pobra, co fin de dar a coñecer este recurso municipal e facilitar a accesibilidade das persoas máis novas ao mesmo. Durante esta sesión farase unha explicación das funcións deste servizo e presentarase o persoal que traballa nel para achegarllo á mocidade.

O acto central da programación terá lugar o propio domingo, 8 de marzo, ás 12.30 horas, fronte á Casa Consistorial. A concentración contará coa intervención de varias veciñas, que reclamarán dereitos para as mulleres e a necesidade de acadar unha “Igualdade real, xa!”. Así mesmo, procederase á lectura do manifesto por parte da concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos. O rematar o acto, percorrerán as rúas a charanga feminina Bicoia sumando a música a esta xornada reivindicativa.

Ramos concluíu animando á cidadanía “a acompañarnos, a escoitar as voces das mulleres da nosa vila e a formar parte deste compromiso colectivo por unha sociedade máis xusta e igualitaria o vindeiro domingo 8 de marzo ás 12:30 horas diante da Casa do Concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.