A Pobra promoverá o benestar das persoas maiores cunha nova edición do programa de Envellecemento Activo

23 Marzo 2026

A concellería de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal presentou este luns 23 de marzo pola mañá o programa de Envellecemento Activo 2026, unha iniciativa dirixida a mellorar a autonomía, a calidade de vida e o benestar das persoas maiores do municipio.

O programa estrutúrase en dúas liñas de acción principais: Envellecemento activo e Musicoterapia, ambas deseñadas para fomentar a participación social e favorecer hábitos saudábeis e que gozaron dunha moi boa acollida na edición anterior. Por ese motivo, mantense a ampliación no número de prazas (preto de 60) e os tres grupos de musicoterapia.

No caso de Envellecemento activo, desenvolverase o primeiro semestre do 27 de marzo ao 29 de maio e o segundo do 9 de outubro ao 27 de novembro. No relacionado coa Musicoterapia, terá lugar do 1 de abril ao 27 de maio e do 14 de outubro ao 9 de decembro.

Tal e como detallaron a concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, e o director do Centro Sociocomunitario, Ricardo Lago, “este tipo de iniciativas son fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, fomentar a súa participación activa na sociedade e mellorando o seu benestar, xa que ao fin e ao cabo estamos falando dunha cuestión de saúde”.

As persoas interesadas en participar neste programa, cofinanciado pola área de Servizos Sociais e a Deputación da Coruña, poderán inscribirse no Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal.–

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.