A Pobra pon en marcha unha nova campaña de compostaxe doméstica

18 Marzo 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha unha nova campaña de compostaxe doméstica durante este 2026 coa entrega de 25 composteiros destinados á veciñanza que dispoña dunha horta ou xardín dunha superficie mínima de 25m2.

As persoas participantes recibirán de maneira completamente gratuíta un composteiro, un manual de compostaxe, un remexedor e, como novidade, un caldeiro para facilitar a recollida dos restos de comida, reducindo a cantidade de residuos orgánicos que se depositan no colector xeral.

No momento da entrega do material, compartiranse tamén nocións básicas para iniciar o proceso correctamente e obter un compost de calidade.

Ademais, o programa inclúe dúas visitas aos domicilios das persoas participantes. A primeira terá un carácter formativo, co obxectivo de resolver posíbeis dúbidas ou dificultades ou problemas que puideran aparecer no proceso. A segunda visita será de seguimento, para comprobar que o sistema funciona correctamente.

A coordinación da recepción de solicitudes e a entrega do material, proporcionado por SOGAMA, será xestionado polo Servizo de Medio Ambiente municipal. As visitas de formación e seguimento serán realizadas por Amabul, co financiamento de Urbaser.

O concelleiro da área de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñiero, asegurou que con esta iniciativa “o Concello mantén a súa aposta pola xestión responsable dos residuos xerados no ámbito doméstico, se reducimos o que mandamos a SOGAMA, a administración aforra, pero tamén a cidadanía, ademais da mellora que supón dende o punto de vista ambiental”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.