A misa e procesión na honra da Virxe das Dores, este venres, marca o inicio grande da Semana Santa en Boiro

27 Marzo 2026

Este venres 27 de marzo colle impulso a Semana Santa en Boiro, e farao polo serán, ás 20.30 horas na Igrexa Parroquial de Boiro, con misa e procesión na honra da Virxe das Dores.

A axenda da Semana Santa en Boiro vén da man da Irmandade do Cristo da Misericordia en colaboración co Concello, e incluirá actividades litúrxicas e culturais até o vindeiro 5 de abril.

O programa deste ano comezou o sábado 21 de marzo, Sábado de Lázaro, coa lectura do pregón a cargo do señor Carlos María López del Rio e a imposición de medallas aos novos confrades e os días 25, 26 e 27 de marzo celebrarase o Triduo á Virxe das Dores.

O Domingo de Ramos, 29 de marzo, celebrarase a tradicional bendición de ramos no Cruceiro de Bao, con procesión e misa solemne.

Xa o Mércores Santo, 1 de abril, desenvolverase a procesión da Nosa Señora da Piedade, que será o segundo ano que se celebre esta procesión.

O Xoves Santo está prevista a celebración da cea de Cristo, Lavatorio, Hora Santa e procesión do Ecce Homo e Virxe da Amargura; e o Venres Santo a Paixón de Cristo e Procesión do Santo Enterro.

A programación dos actos da Semana Santa 2026 continúa o sábado 4 de abril coa celebración da solemne vixilia pascual e rematará coa celebración da solemne misa de Pascua o Domingo de Pascua de Resurrección.

Programa

Sábado 21 de marzo – Sábado de Lázaro

20.30h – Lectura do pregón polo señor Carlos María López del Río e imposición de medallas aos novos confrades.

Mércores 25 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.00h – Triduo á Virxe das Dores

Xoves 26 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.00h – Triduo á Virxe das Dores

Venres 27 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.30h – Festividade das Dores: misa e procesión

Domingo 29 de marzo – Domingo de Ramos

11.00h – Convocatoria na Igrexa

11.30h – Bendición de ramos no cruceiro de Bao, procesión e misa solemne

Mércores 1 de abril – Mércores Santo

22.00h – Procesión da Nosa Señora da Piedade

Xoves 2 de abril – Xoves Santo

20.30h – Misa da Cea de Cristo, Lavatorio e Hora Santa

22.00h – Procesión Ecce Homo e Virxe da Amargura

Venres 3 de abril – Venres Santo

19.30h – Celebración da Paixón de Cristo

20.30h – Desencravo

21.30h – Procesión do Santo Enterro

Sábado 4 de abril – Sábado Santo

21.00h – Solemne Vixilia Pascual

Domingo 5 de abril – Domingo de Pascua de Resurrección

12.00h – Misa solemne de Pascua

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.