A manifestación do sindicato estudantil do 6 de marzo, unha “protesta pola igualdade” no parque da Alameda de Santiago de Compostela, xerou un debate sobre o estado da xuventude e a infancia na nosa sociedade. Mentres que algúns ven esta mobilización como un sinal de compromiso e conciencia política (basta con ver os seus profesores pintando tambores de cor morada, carteis mesturados con mensaxes antibelicistas xunto ós de sexualidade), outros expresan preocupación pola politización prematura e viraxe da perda da nenez dos cativos e pubers, e as accións pouco sinceras da Xunta, que expresa un diálogo indistinguible có da oposición en relación cos temas suscitados o 8 de marzo.

“É preocupante ver a crios de secundaria cos seus profesores, a tocar tambores pintados de morado como unha actividade máis”, comentou unha observadora de idade avanzada na Alameda. “Se aínda fose só teatro, estaría ben, pero o problema é o transfondo político subxacente e mal levado”.
O problema, na miña opinión; Subxace na industria; xa non crea contido único para nenos e adolescentes. Xa non teñen un punto de referencia do que significaba ser adolescente, algo que Disney Channel, Xabaril Club para nenos ou Boing poderían ter proporcionado. As series para nenos e preadolescentes foron substituídas por producións para adultos, e os mozos están a crecer nun mundo onde non hai filtro entre a comedia e a realidade tráxica.
“A loita polos valores é só un produto comercial”, afirma un profesor no congreso liberal de Adams Smith que se celebra en Santiago esta semana. Pero non é unha simplificación excesiva? As ideoloxías, na súa orixe, eran ideais que buscaban mellorar a sociedade. Non obstante, parece que se corromperon e convertéronse nun fin en si mesmas.
A perda da linguaxe de filtraxe cos nenos, a sexualización dos contidos “se non é na aula ou durante o recreo debido á falta de consenso sobre a educación entre os pais”estará presente nos vídeos que pretenden que parezan guais, como sempre se fixo. En comparación coas plataformas que buscan maximizar o contido dos debuxos animados para adultos, envoltos dun xeito que os nenos ou caen nos desexo ou non teñen máis remedio que velo: tamén é un tema preocupante como á xente xa non lle importa nada, di un comentarista. «É coma se a sociedade decidise que todo vale o mesmo, e iso é perigoso».
Neste contexto, é doado entender por que algúns se senten desconectados da política e da sociedade. A pregunta é, como podemos recuperar o diálogo e a conciencia crítica nunha xeración que crece nun mundo de adultos inmaduros e nenos vendo series para adultos?



