A Deputación da Coruña reivindica en Barcelona a tradición conserveira de Barbanza Arousa como motor do turismo industrial

21 Marzo 2026

A Deputación da Coruña participa esta fin de semana na feira turística barcelonesa B-Travel

Baixo o título ‘Historia da conserva na provincia da Coruña’, a presentación da institución provincial afondou na tradición conserveira da provincia, especialmente en territorios como o xeodestino Barbanza Arousa.

A Deputación da Coruña participa esta fin de semana na feira turística B-Travel, que se celebra na cidade de Barcelona do 20 ao 22 de marzo, levando como principal aposta o turismo industrial ligado á identidade galega.

Baixo o título ‘Historia da conserva na provincia da Coruña’, a institución provincial presentou no espazo B-Industrial unha proposta centrada na posta en valor do patrimonio conserveiro, con especial protagonismo do Barbanza Arousa, un territorio onde esta actividade marcou profundamente a economía, a paisaxe e a cultura.

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou que o obxectivo é “fortalecer os sectores produtivos” e crear experiencias turísticas auténticas baseadas na identidade galega. Neste sentido, puxo en valor o papel do rural como “espazo estratéxico” capaz de ofrecer vivencias de calidade sen perder a súa esencia.

A proposta inclúe tamén o proxecto dun centro de interpretación da conserva en Barbanza Arousa, co que se pretende divulgar a historia e evolución dun sector clave no litoral galego. Regueira lembrou que esta industria ten raíces históricas ligadas á chegada de empresarios cataláns, así como de maragatos e portugueses, que contribuíron á súa expansión.

Ademais, a iniciativa destaca a calidade dos produtos do mar, tanto frescos como en conserva, e a súa relación coa gastronomía local, incluíndo a maridaxe cos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Barbanza e Iria.

“Buscamos na gastronomía o primeiro reclamo para visitar Galicia, pero tamén falar da industria e da súa conexión co territorio”, explicou Regueira, quen subliñou a importancia de apostar por un turismo sostible, baseado na autenticidade e na excelencia.

Con esta participación, a Deputación da Coruña reforza a súa estratexia de promoción turística, apostando polo turismo industrial e gastronómico como piares para posicionar a provincia como un destino singular e diferenciado.

Outros artigos

Rianxo pon a punto as súas praias logo dos estragos dos temporais

O Concello de Rianxo está a traballar arreo estes días, a través do seus servizos de limpeza, obras e mantemento, para corrixir os estragos causados polo tren de temporais do pasado inverno. Ademais, grazas á axuda recibida de mans da Deputación da Coruña, de cara ao...

+

Tempo estable o sábado con sol e suba das temperaturas

Galicia manterase este sábado baixo a influencia das altas presións, cun claro dominio do vento do nordés que deixará unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica na maior parte do territorio. Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.