A Deputación da Coruña inviste 3,5 millóns de euros para crear máis de 400 empregos nos concellos da provincia (475.999,87 euros no Barbanza)

04 Marzo 2026

A Deputación da Coruña destina este ano preto de 3,5 millóns de euros á contratación de máis de 400 persoas desempregadas a través do programa PEL-Concellos, unha das principais liñas do Plan de Emprego Local (PEL), orientada a fomentar a inserción laboral e a mellorar a prestación de servizos municipais.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o dobre impacto desta iniciativa: “O PEL-Concellos non só crea oportunidades de emprego para persoas que o teñen máis difícil, senón que tamén axuda aos concellos a manter servizos públicos esenciais, especialmente no rural”.

Un total de 90 concellos da provincia recibirán axudas que oscilan entre os 22.000 e os 75.000 euros para a contratación de persoal destinado a tarefas como a limpeza e mantemento de espazos públicos, a recollida de residuos, o abastecemento de auga potable, a conservación de vías, a vixilancia de centros educativos ou outros servizos básicos de competencia municipal.

O presidente engadiu que o programa “ten unha clara orientación cara ao rural”. Así, o 84,5% dos fondos (2,9 millóns de euros) destínanse a concellos de menos de 20.000 habitantes e o 96,7% benefician a municipios de menos de 40.000 habitantes.

PEL-Concellos presta especial atención aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, como persoas desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres, persoas con discapacidade, fogares sen emprego ou persoas en risco de exclusión social. Como novidade este ano, inclúense de forma expresa as persoas menores de 30 anos entre os colectivos prioritarios.

Dende a súa creación en 2016, o programa facilitou unha oportunidade laboral a máis de 4.600 persoas na provincia, consolidándose como unha das iniciativas máis eficaces da Deputación no ámbito do emprego local.

Máis información no BOP da Deputación.

No Barbanza

Total: 475.999,87 €

Boiro 52.000,00 €

Carnota 34.000,00 €

Lousame 31.000,00 €

Mazaricos 30.999,87 €

Muros 43.000,00 €

Noia 52.000,00 €

Outes 37.000,00 €

Pobra do Caramiñal, A 49.000,00 €

Porto do Son 43.000,00 €

Ribeira 52.000,00 €

Rianxo 52.000,00 €

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.