A Casa Mariñeira acolle a IV Mostra da Camelia na Pobra

21 Marzo 2026

A sala de exposicións da Casa Mariñeira acolle desde hoxe a cuarta edición da Mostra da Camelia, unha cita que pon en valor a beleza e diversidade desta flor emblemática en Galicia.

A exposición poderá visitarse durante toda a fin de semana en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30 horas, converténdose nun atractivo cultural e turístico para a veciñanza e visitantes.

A iniciativa naceu da man da Concellería de Turismo e do impulso de dous afeccionados ao cultivo da camelia, José Ramón Teixeira e Marisol Cameán, que promoveron tanto a organización da mostra como a implicación da veciñanza.

Nesta edición participan máis de 15 persoas colaboradoras, que achegan exemplares procedentes de A Pobra do Caramiñal e doutros concellos da contorna como Boiro e Rianxo. O obxectivo é amosar a riqueza e variedade das camelias presentes na zona.

A mostra complétase coa participación de 30 alumnos e alumnas do CEIP Pilar Maestú Sierra, que expoñen unha colección de fotografías centradas nesta flor.

Ademais, o evento inclúe un posto de venda de doces elaborados con aceite de camelia, engadindo un atractivo gastronómico a esta proposta que combina natureza, cultura e participación veciñal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...