A Aula CeMIT de Ribeira achega máis formación en competencias dixitais durante o segundo trimestre do ano

16 Marzo 2026

A Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías de Ribeira prepara xa novos cursos para o segundo trimestre do ano con accións a desenvolver na Aula CeMIT, ademais das que se impartirán nas parroquias, iniciando o periplo formativo en Artes.

Segundo manifesta o concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, “a Aula CeMIT gozou de gran dinamismo durante o primeiro trimestre do ano cos cursos que achegamos aos nosos veciños e veciñas; unha boa acollida que tamén percibimos naqueles que levamos a algunhas das parroquias do noso municipio. Dado o compromiso deste Concello coa alfabetización dixital, no segundo trimestre decidimos seguir coa formación do ComDix, un certificado cada vez máis demandado; así como descentralizar a acción da Aula CeMIT e continuar co periplo formativo polas parroquias”.

O mes de abril arrancará coa preparación do ComDix nivel intermedio cara a facer o exame para obter o Certificado de Competencias Dixitais. As clases serán tódolos martes, mércores e xoves, dende o 7 ao 23 de abril, en horario de 10.00 a 11.30 horas.

O temario divídese en cinco bloques: consulta e xestión da información; comunicación e colaboración; creación de contidos dixitais; benestar dixital: seguridade e privacidade; contorna dixital e resolución de problemas.

As datas e horarios dos exames serán no mércores, 29 de abril, de 16.30 a 18.30 horas; así como no xoves, 30 de abril, dende as 10.00 ata as 12.00 horas e tamén de 12.00 a 14.00 horas. O prazo de inscrición nas probas comeza hoxe, 16 de marzo, e permanecerá aberto ata o 25 de marzo a través da páxina web da Rede CeMIT. E as competencias dixitais tamén se trasladan da Aula CeMIT ás parroquias, polo que Crea contido con Intelixencia Artificial impartirase no Centro Recreativo de Artes, do 6 ao 9 de abril, de 10.00 a 13.00 horas.

Máis información e inscricións no teléfono de contacto 981 876 043 ou no enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.