A Asociación Francisco Lorenzo Mariño organiza a presentación de “A Forcadiña” de Carmen González

27 Marzo 2026

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño comunica que con motivo da programación Abril, mes dos libros organiza unha presentación literaria dunha novela curta, titulada A Forcadiña da autora ribeirense Carmen González, e que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Aguiño o venres 10 de abril ás 20 h, con entrada libre e de balde para calquera persoa interesada.

O acto estará presentado por Unai González Suárez como vicepresidente da asociación FLM e xestor cultural do Concello de Ribeira; acompañará á autora, Carmen González, o profesor de literatura de ensino medio e escritor, Xabier López Marqués.

No acto tamén se poderá adquirir a novela que asinará a autora ao finalizar o mesmo, a calquera persoa que o desexe, o prezo é de 17€.

Deste xeito, a asociación segue a organizar actividades para a oferta cultural no pobo de Aguiño en particular e en Ribeira e na contorna en xeral, abertas non só a socias e veciños, senón a toda a cidadanía.

E engaden: “Tamén estamos a preparar un espectáculo de música tradicional orixinal para o este mes de abril que terá lugar no Auditorio Municipal de Ribeira en colaboración coa asociación cultural Bailadela e a concellería de Cultura de Ribeira, pero do que desvelaremos detalles máis adiante”.

Do mesmo xeito, traballa na celebración do Maio Cultural de Aguiño, o propio día das Letras Galegas, domingo 17 de maio no porto de Aguiño, e da IX edición do Festival de Canto e Música tTadicional Son´s en Aguiño que terá lugar no mes de xuño tamén en Aguiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.