A artista María Eugenia Reiriz homenaxea ás grandes voces da música na III Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira

02 Marzo 2026


María Eugenia Reiriz, artista do Obradoiro de Arte de Ambar, asociación inclusiva do Barbanza de persoas con diversidades funcionais, vai expor a súa obra recente na III Mostra de Mulleres Creadoras do Concello de Ribeira, que está programada para este xoves, 5 de marzo, no Centro Cultural Lustres Rivas con sede en Santa Uxía.

A proposta artística de Reiriz nace dunha profunda admiración polas figuras icónicas do panorama musical. O seu proceso creativo céntrase en retratar ós seus artistas favoritos, un abano ecléctico e potente que viaxa dende a elegancia internacional de Celine Dion ata o temperamento de Lola Flores.

Nesta edición, os asistentes poderán contemplar unha peza moi especial: o retrato de Rocío Jurado. Segundo informa Ambar, “a obra non é só visual, senón que vén acompañada dunha dimensión literaria”, e, de feito, María Eugenia quixo completar a homenaxe dedicándolle un poema de autoría propia á artista. “Marchou moi cedo, a máis grande”, reza un dos versos que os visitantes poderán ler xunto á imaxe da cantante, nun exercicio de memoria e respecto cara ao legado da artista.

A inauguración oficial contará ca presenza da autora e servirá como punto de encontro para poñer en valor o talento feminino local.

Evento: Inauguración da obra de María Eugenia Reiriz (III Mostra de Mulleres Creadoras).

Data: Xoves, 5 de marzo de 2026.

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas, Ribeira.

Hora: 20:30 h.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.