Xoves 19, xornada de transición coa melloría progresiva do tempo

18 Febreiro 2026

O xoves será un día de transición no que as altas presión iranse aproximando a Galicia. Comezaremos a xornada con chuvascos máis probables na metade norte que iran remitindo co avance do día, tempo seco a partir da noite. Cota de neve en 1000-1100 metros pola mañá. As temperaturas descenderán lixeiramente con xeadas nas montañas de Lugo e Ourense. O vento soprará do noroeste moderado con intervalos fortes na Mariña, virando a suroeste pola noite.

meteogalicia

O noso mar; Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...