Xornada de transición en Galicia con tempo máis estable e descenso das temperaturas

13 Febreiro 2026

Galicia permanecerá este sábado 14, San Valentín e San Cirilo, baixo a influencia transitoria das altas presións, que entrarán en forma de cuña polo suroeste da comunidade. A xornada virá marcada por algúns chuvascos durante a mañá, máis probables nas zonas do norte, mentres que pola tarde se agarda tempo seco con amplas abertas e períodos de sol.

A situación volverá cambiar ao longo da noite coa chegada dunha fronte cálida, que deixará os ceos cubertos e posibilidade de orballos na metade oeste. A cota de neve situarase nas primeiras horas arredor dos 800 metros, antes de ascender coa mellora das condicións.

As temperaturas sufrirán un descenso lixeiro a moderado, especialmente nas mínimas, o que deixará sensacións máis frías en boa parte do interior. O vento soprará do norte con intensidade moderada, pero virará a suroeste a medida que avance a noite.

Un día, en definitiva, de transición atmosférica antes da chegada dun novo cambio de tempo durante a fin de semana.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 4.5 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3 metros á noite.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...