“Valentía política” – José Manuel Pena

13 Febreiro 2026

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos Leis, dos Regulamentos, do Costume, dos Principios Xerais do Dereito, dos Dereitos Humanos ou da nosa lei de leis, como é a actual Constitución do 78.

En realidade, como ningunha disposición legal pode ser contraria aos principios inspiradores da propia Constitución, atopámonos, na propia realidade, con demasiadas violacións dos Dereitos Fundamentais e das liberdades públicas.

Como pode ser o caso do dereito á vida, á liberdade ideolóxica, o dereito á honra, a garantía da liberdade de pensamento, á participación en asuntos públicos, ao dereito efectivo de obter a tutela efectiva dos xuíces e tribunais, o dereito á protección da saúde, á educación e cultura, ao progreso social e económico, o dereito a unha vivenda digna e un longo etcétera de dereitos que se poñen en evidencia por falta da necesaria valentía política.

Oio a cantidade de compañeiros que se dedican á política ou están na vida pública, de que cando chegan a ter a responsabilidade de gobernar xa son outros os intereses. Por iso sempre lles aconsello que chega o momento de que afloren os valentes e decididos para facer respectar a Constitución (en todos os seus artigos) e os Dereitos Humanos, por encima de calquera outro tipo de xuro partidista.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.