“Tuberías que rompen, políticos que escoitan?” – Carlos Moledo

27 Febreiro 2026

O acontecido hai xa varias semanas en Noia, coas sucesivas roturas na rede de abastecemento do casco histórico, foi algo máis ca unha cadea de avarías puntuais. Puxo en evidencia o estado dunha infraestrutura con case sesenta anos ás costas e confirmou que o problema non é conxuntural, senón acumulativo. Foi, simplemente, a constatación de que unha rede envellecida responde como pode ata que deixa de responder. E cando iso ocorre, a discusión xa non é sobre a reparación inmediata, senón sobre a necesidade dunha intervención de fondo. Porque se algo deixou claro aquela semana é que xa non abonda con remendos, pois cómpre recoñecer, sen ambigüidades, que é precisa unha renovación total do saneamento do casco histórico.

De seguro, este tipo de proxectos non se conseguen desde a división nin son froito da confrontación partidaria. Exixen, moi ao contrario, a unidade das principais forzas políticas con representación no pleno municipal, porque a magnitude da tarefa desborda mandatos e períodos administrativos concretos. Se a política é —ou debería ser— o arte de construír o común, agora é o momento de que concelleiros e concelleiras, de todas as sensibilidades e cores, senten na mesma mesa e acorden unha estratexia que non dependa de quen goberne dentro dun ano ou dous, senón do que convén a Noia nos próximos corenta.

Nunha tarefa desta envergadura, tampouco sería xusto non salientar o labor ímprobo e encomiable da brigada municipal de obras, cuxa dilixencia durante máis de trinta e seis horas seguidas permitiu restablecer o subministro e minimizar o impacto das avarías. A súa profesionalidade coas necesidades da vila debe ser recoñecida sen reservas.

Un bo alcalde, un verdadeiro artífice do ben común, non vería nisto só un reto técnico, senón unha oportunidade. Aproveitar esta intervención —tan necesaria— para deixar infraestruturas soterradas preparadas para futuras necesidades tecnolóxicas ou de servizos, e para soterrar o tendido eléctrico aéreo que trasnforma o noso casco histórico nunha maraña de cables e postes que restan beleza e coherencia ao conxunto, sería unha mostra de ambición municipal que vai máis alá dunha simple reparación. Unha obra desta magnitude non pode ser unha substitución de tubos senón un proxecto de dignificación urbana e patrimonial, que restituía a estética orixinal do noso espazo público, liberándoo desa silveira visual de cables, caixas e elementos mecánicos que merman o contorno.

E non estamos a falar só de Noia. A experiencia doutras localidades históricas ensina que actuar tarde só agrava o deterioro. Hai décadas, en Santiago de Compostela -baixo a alcaldía de López Carballo-, foi preciso aproveitar os beneficios políticos que otorga un Ano Santo para poder acometer a renovación do saneamento da zona vella. Aquela decisión esixiu proxecto, recursos e unha visión a longo prazo.

A clase política concédese tempo para grandes obras, pero non debe concederse tempo para a procrastinación ou o calculismo político. É fundamental asumir que un proxecto deste calibre non remata nun mandato municipal; esixe planificación plurianual, financiamento estable e o compromiso firme de todas as forzas implicadas. Antepoñer o interese local aos intereses partidarios é, nestes intres, unha obriga cidadá.

Como observación final, mais non menos importante, o ideal sería que este plan fose deseñado, supervisado e executado por expertos en urbanismo e especialistas en cantería, para que, se as pedras deben levantarse, logo volvan exactamente ao seu lugar, cun respecto escrupuloso pola traxectoria urbana do casco histórico da nosa vila. Non é cuestión de reparar tuberías, é cuestión de reafirmar a nosa identidade, de reconstruír o que merece perdurar e de construír, con ambición e responsabilidade, o futuro que Noia non pode permitirse seguir adiando.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.