Sol e temperaturas case primaverais este luns nas Rías Baixas e en Santiago baixo o dominio do anticiclón

22 Febreiro 2026

Galicia vivirá o luns 23. outra xornada estable e seca, con ambiente moi luminoso e temperaturas moi suaves, especialmente nas Rías Baixas e na comarca de Santiago de Compostela.(4 graos de mínima e 21 de máxima).

Rías Baixas

Nas Rías Baixas seguirá mandando o anticiclón, con ceos moi abertos e só nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso e acadarán valores elevados para esta época do ano, con sensación claramente primaveral ao mediodía. O vento será frouxo de compoñente sur, tendendo a moderado a últimas horas, con refachos máis intensos na contorna de Fisterra.

Comarca de Santiago

Na comarca de Santiago agárdanse néboas matinais en puntos do interior, localmente persistentes, que darán paso a ceos despexados ou con intervalos de nubes altas. As mínimas apenas variarán, pero as máximas subirán lixeiramente e poderán roldar ou superar os 17‑19 graos na cidade de Santiago, con tempo seco e agradable todo o día. O vento soprarà frouxo de sur, sen superar en xeral intensidades moderadas.

meteogalicia

O noso mar: vento do leste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 4 a 6 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira esixe máis seguridade tras o grave suceso no porto

O PSOE de Ribeira esixiu ao Concello a adopción de medidas “urxentes e contundentes” en materia de seguridade tras o grave suceso rexistrado no porto de Ribeira, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira, nun caso que os socialistas cualifican de “moi...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.