Ribeira licita o servizo de asesoramento xurídico en materia de estranxeiría e asilo

11 Febreiro 2026

O Concello de Ribeira vén de publicar a licitación do Servizo profesional de asesoramento xurídico en materia de estranxeiría e asilo, cun orzamento base de 11.011 euros. O contrato terá unha duración dun ano, desde abril de 2026 até abril de 2027, ambos incluídos, e estará orientado a reforzar a atención que o Departamento de Servizos Sociais presta ás persoas migrantes do municipio.

O obxecto desta contratación é garantir un asesoramento xurídico especializado en materia de estranxeiría e asilo, co fin de complementar a atención social que xa se ofrece desde o Concello. O servizo facilitará información, orientación e acompañamento nos complexos procesos administrativos vinculados ao dereito de estranxeiría e á protección internacional, co propósito de evitar erros na tramitación e mellorar as posibilidades de éxito das solicitudes.

Segundo sinalou a alcaldesa, “estamos a falar dun servizo especializado que vai facilitar a inclusión de todas as persoas migrantes que residen no noso municipio, con especial atención a aquelas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.

Obxectivos do servizo

O obxectivo xeral da iniciativa é favorecer a inclusión social e laboral da poboación migrante residente en Ribeira, proporcionando información e asesoramento personalizado en materia de estranxeiría e facilitando a tramitación administrativa de expedientes, como os relativos ao asilo e á protección internacional.

Ademais, o servizo ofrecerá apoio ao persoal técnico municipal, ás entidades sociais e ás empresas interesadas na contratación de persoas en situación administrativa irregular, promovendo así a súa inserción laboral e a regularización da súa situación.

A alcaldesa destacou que “con esta licitación Ribeira reafirma o seu compromiso coa integración, a igualdade de oportunidades e o acompañamento profesional ás persoas migrantes, promovendo unha sociedade máis inclusiva e cohesionada”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.