Ribeira acorda solicitar o financiamento para edición XI do Obradoiro de Emprego Tahume, impulsado xunto con Porto do Son

06 Febreiro 2026

O pleno de Ribeira celebrado esta semana ratificou por unanimidade a solicitude de financiamento para a nova edición do Obradoiro de Emprego Tahume, a edición XI, que será impulsada novamente polo Concello de Ribeira e máis polo de Porto do Son, achegando formación e inserción a unha vintena de habitantes de ambos os municipios.

A alcaldesa ribeirá, María Sampedro, informou que as modalidades elixidas para o programa deste ano son as de traballos de carpintería e móbel e a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Sampedro explicou que se trata dunha iniciativa consolidada que colleitou importantes éxitos nas súas anteriores convocatorias e que pon o foco en “especialidades moi demandadas polo mercado laboral”, orientándose a mellorar a empregabilidade das persoas participantes.

Ademais, a proposta inclúe a solicitude de incentivos á contratación por parte das empresas unha vez rematado o obradoiro.

A anterior edición do obradoiro, a X, rematou en verán do ano pasado cun investimento de 423.000 € euros ademais dos gastos en material asumidos polas Administracións Locais.

Este obradoiro laboral é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia ten realizado unha achega 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibe formación específica para a súa preparación e obtención.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...