Ribeira achega un curso de lingua galega para as persoas que se presenten ao CELGA

24 Febreiro 2026

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian presentar ás probas CELGA (certificado que acredita o coñecemento do galego) da Xunta de Galicia.

Este curso é gratuíto e en horario de tarde (martes e xoves de 19 a 21 h). A inscrición estará aberta ata o día 10 de marzo, data na que dará comezo. Todas as persoas que teñan interese en asistir poderán inscribirse enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal

Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)

Data de comezo 10 de marzo de 2026

Horario: de 19 a 21 h todos os martes e xoves

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Inscrición aberta ata o 10 de marzo. Para inscribirse é preciso enviar un correo co nome, apelidos e teléfono a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.