Preto de 200 persoas desfrutan do Cocido e Baile de Entroido do Club de Xubilados de Lousame

17 Febreiro 2026

Arredor de 200 veciños e veciñas participaron na tarde-noite de onte no xa tradicional Cocido e Baile de Entroido organizado polo Club de Xubilados de Lousame no local social que a entidade ten en Aldeagrande.

A gran maioría das persoas asistentes acudiron disfrazadas e con moitas gañas de festa nunha celebración que deu comezo cun xantar a base de cocido tradicional, composto por lacón, chourizo, costela, orella e grelos. O ambiente festivo e de confraternidade marcou unha xornada moi especial para as persoas maiores do municipio.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, xunto coa concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez, agradeceron o convite realizado pola asociación e puxeron en valor o traballo da súa xunta directiva á hora de promover actividades que fomentan o lecer e a participación activa das persoas maiores.

Tras o xantar, as persoas presentes desfrutaron dunha ampla sobremesa con doces típicos do Entroido, como orellas e filloas, antes de dar paso ao baile. A música do grupo Aires de Broña animou a pista e moitas das persoas asistentes non dubidaron en botar unhas pezas, nun ambiente cheo de ledicia.

A xornada completouse co tradicional sorteo de cestas de agasallo, conseguidas pola xunta directiva do Club de Xubilados de Lousame, poñendo o broche final a unha celebración que, un ano máis, volveu ser todo un éxito de participación e convivencia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.