“Pesca deportiva” – José Manuel Pena

24 Febreiro 2026

Está demostrado que a pesca deportiva non é unha ameaza nin a responsable, en ningún caso, da escaseza de capturas que sofren os pescadores profesionais senón todo o contrario. O mal está instalado nos “costumes” e “malas prácticas” dalgúns “profesionais” que se dedican á pesca ou ao marisqueo, arrasando con todo o que atopan ao seu paso.

Xa ninguén cre en certas críticas vertidas, cara aos pescadores deportivos, en relación a que gozan de maiores privilexios. Abonda con lembrar que o Decreto 211/99 que regulaba a pesca marítima de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma xa prohibía a pesca do polbo así como rebaixaba os topes de capturas diarias a 5 quilos, actualmente vixentes. Sen esquecernos das restricións que teñen nalgunhas zonas delimitadas polos parques nacionais que en cambio si poden faenar os profesionais da pesca e o marisqueo.

Un exemplo de loita reivindicativa foi a Asociación de Pescadores da 7ª lista “O Cotelo”, con sede en Ribeira, xunto con outras asociacións náuticas e deportivas de toda Galicia. Estas asociacións adiantáranse ao desexo de moitas confrarías e entidades pesqueiras, que non era outra de que a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia concedese a exclusividade dos recursos pesqueiros e marisqueiros a diversas agrupacións, colectivos e confrarías, prohibindo ao resto de ribeiregos o poder exercer os seus dereitos ancestrais en zonas de dominio público, como o poder pasear, navegar, embarcar ou desembarcar, varar, pescar, coller plantas e mariscos e outros actos similares que non requiran obras e instalacións de ningún tipo.

A pesca deportiva, actualmente, é unha fonte de riqueza importante para o sector turístico, ademais de ser necesaria para a propia “subsistencia” de moitas familias humildes de Galicia que perciben irrisorias pensións, ben están en desemprego ou cobran pouco máis de cincocentos euros mensuais de miseria e que se poden levar algún peixe para autoconsumo que doutra maneira quizais non puidesen comprar.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.