Pérez Barral demanda máis investimentos para Ribeira e destaca que o goberno segue o camiño do BNG centrado nas parroquias

04 Febreiro 2026

No pleno municipal deste mércores 4 o BNG valorou o destino dos 1.700.000 euros procedentes da Deputación da Coruña, uns fondos dos que 805.000 euros serían destinados polo Goberno local para gasto corrente, o que supón arredor do 47 % do total, e a contía restante a investimentos, repartidos en nove actuacións, unha por cada parroquia. O ex-alcalde e portavoz, Luís Pérez Barral, sinalou que “calquera investimento nas parroquias é necesario e benvido, xa que Ribeira precisa seguir mellorando servizos básicos, infraestruturas e espazos públicos”. Ao mesmo tempo, afirmou que esta proposta “confirma que a política municipal impulsada polo BNG cando estivo no goberno era a correcta”. E engadiu: “Por moito que nos criticaran, hoxe vese que priorizar pavimentacións, ampliar o saneamento e a auga para consumo doméstico, coidar os espazos públicos e os parques infantís era responder ao que pedía a veciñanza”, indicou.

Na quenda de intervención, informou que o Bloque “presentou 17 propostas alternativas, froito dunha escoita activa parroquia por parroquia, fronte á falta de diálogo e participación do goberno municipal”. E apuntou: “De pouco serve falar de participación se logo non se atenden as demandas da xente ou visitar algunas parroquias se logo non se atenden as demandas”.

Luís Pérez valorou “positivamente” que “algunhas das propostas son as mesmas que defende o Bloque”, como a a reforma da Casa da Cultura de Carreira ou a renovación do parque infantil de Corrubedo que continúa na liña do Plan de Parques Infantís impulsada polo BNG e que conseguiu mobilizar 700.000€ a mellora de espazos da rapazada. Porén, dixo, “botamos en falta investimentos clave como a extensión do saneamento e da auga potable en Oleiros, Palmeira e Aguiño, ou a pavimentación de vías principais como a avenida de Ferrol ou a rúa Barreiro”. E sinalou “O PP deixa fóra moitas obras de saneamento ou dotación de auga potábel en parroquias que teñen vivendas sen estes servizos ou asfaltados moi necesarios nas estradas de Ribeira que están moi deterioradas por décadas de falta de investimentos por gastar o PP os recursos en obras que dispararon o seu prezo”.

Desde o BNG tamén advertiron de que o Concello de Ribeira está “asumindo competencias que corresponden á Xunta de Galiza, como no caso do colexio de Olveira, detraéndose 70.000 euros que poderían destinarse a demandas veciñais porque a Consellaría de Educación non cumpre coas súas obrigas”, lembraron, sinalando “que o PP votou en contra no Parlamento galego da emenda do BNG para a renovación do centro”.

Para rematar, Perez Barral asegurou que “seguiremos traballando como fixo sempre o BNG: escoitando á veciñanza, defendendo as parroquias e presentando propostas realistas e en positivo, lembrando que o paso polo goberno municipal deixou un camiño marcado que hoxe mesmo o PP está obrigado a continuar”.

O BNG fixo a seguinte proposta: 

Artes: nova pavimentación e beiravías para a estrada Outeiro a Gude.

Corrubedo: renovación do parque infantil sito na Casa do Mar e reforma da rúa número 6.

Castiñeiras: pavimentación da estrada dos lugares da Aldea e Poi.

Oleiros: arranxo do paseo do río Artes e seguir estendendo o saneamento na parroquia.

Olveira: pavimentación da pista de Sirves e garantir a accesibilidade cunhas novas beirarrúas desde a igrexa ata a Casa da Cultura.

Carreira: renovación das beirarrúas do Vilar e saneamento e renovación de servizos de saneamento, abastecemento e pavimentación na zona da Parte ao Río. Tamén unha vella reivindicación é a reforma e renovación da Casa da Cultura.

Palmeira: 2ª fase da renovación do saneamento, auga potábel e pavimentación da rúa Agriña e 1ª fase do saneamento a Cudieiros.

Aguiño: 2ª fase do abastecemento de auga potábel da rúa da Cerca e pavimentación da mesma.

Ribeira: 1ª fase da pavimentacións da avenida de Ferrol e pavimentación da rúa Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.