Os empresarios de Ribeira realizan o sorteo do súa Campaña de San Valentín, que se saldou cun “balance moi positivo”

16 Febreiro 2026

Este luns 16 de febreiro celebrouse no local da Asociación de Empresarios de Ribeira o sorteo da campaña local de San Valentín, organizada pola patronal e desenvolvida, segundo indicou a AER, “cun balance moi positivo en termos de participación e impacto no comercio local”.

Nesta edición rexistráronse un total de 3.053 tíckets de compra, o que supón un incremento do 28 % con respecto ao ano anterior. “Estes datos confirman a boa acollida da campaña entre a clientela e o crecente compromiso co comercio e a hostalería de proximidade”, engadiu a AER.

Nesta campaña sorteáronse dúas ceas, que as persoas agraciadas poderán desfrutar en calquera dos establecementos asociados do sector da restauración. As compras premiadas realizáronse nos establecementos Zapatería Chaira e Floristerrae, aos que a asociación empresarial trasladoulles tamén o recoñecemento pola súa participación.

A asociación tamén quixo expresar “un agradecemento especial” a todos os clientes que escolleron consumir en Ribeira e apoiar o pequeno comercio, demostrando unha vez máis a súa confianza nos negocios locais. “O seu apoio é fundamental para fortalecer o tecido comercial e hostaleiro do municipio e continuar impulsando iniciativas que dinamicen a nosa vila”, engadiu a patronal.

Esta actividade está co-financiada pola Xunta de Galicia, Comercio Galego.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.