O PSOE constitúe a Comisión Xestora da Agrupación Socialista de Ribeira 

13 Febreiro 2026

O proceso para a conformación dunha Comisión Xestora na Agrupación Socialista de Ribeira vén de concluír co nomeamento de Jesús Díaz Fornas como presidente. Licenciado en Dereito e avogado de profesión ata a súa xubilación, Díaz Fornas ten unha longa traxectoria política. 

Foi alcalde de Noia durante os dous primeiros mandatos da democracia, deputado provincial entre 1979 e 1986 e deputado no Congreso pola provincia da Coruña en tres lexislaturas. Na Xestora, acompañarano como vogais José Luis Ruiz Laíño, Patricia Lojo Nine, Juan Jesús Ares González e Gema Fernández Cuíña. 

O novo órgano encargarase de dirixir o proceso para a constitución dunha nova Comisión Executiva local e coordinará co Grupo Municipal Socialista as iniciativas que se eleven ao pleno do Concello de Ribeira, así como a liña de actuación política dentro da institución e de cara á cidadanía. 

A falta de 15 meses para as eleccións municipais, a Comisión Xestora márcase como obxectivo principal “configurar unha dirección para a Agrupación Socialista que leve ao partido a eses comicios cun proxecto sólido e un equipo gañador, que aspire a gobernar Ribeira”. Nesa liña, traballará tamén para fomentar a implicación da militancia e para reforzar o compromiso do partido coa cidadanía.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...