O luns iniciase a toma de mostras dunha nova fase do proxecto Xenoma Galicia en Santiago e Barbanza

19 Febreiro 2026

A Xunta de Galicia comezará o vindeiro luns unha nova fase do proxecto Xenoma Galicia na área sanitaria de Santiago e Barbanza, coa toma de mostras de sangue ás persoas seleccionadas para participar nesta iniciativa pioneira de investigación xenética.

As persoas que aceptaron formar parte do estudo só terán que realizar unha extracción de sangue no Hospital Clínico Universitario de Santiago ou no Hospital do Barbanza. Para facilitar o proceso, enviarase unha mensaxe SMS de recordatorio na que se indicará a necesidade de reservar cita previa a través da aplicación Sergas Móbil.

As citas estarán dispoñibles de luns a xoves en horario de tarde e non será preciso acudir en xaxún.

Nesta fase, o obxectivo é acadar 828 participantes na área sanitaria compostelá, seleccionados de maneira aleatoria. Posteriormente, a invitación estenderase progresivamente ao resto das áreas sanitarias de Galicia ata sumar 5.000 novos participantes.

A finalidade da toma de mostras é identificar xenes relacionados con determinadas doenzas hereditarias, como o cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar, co fin de avanzar na prevención e na detección precoz.

A Xunta destina 20 millóns de euros ao desenvolvemento do proxecto Xenoma Galicia, que ten como meta recompilar o ADN de 400.000 galegos e galegas, consolidando así unha das maiores iniciativas de medicina xenómica a nivel estatal.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.