O Liceo de Noia celebra en febreiro e marzo un obradoiro de traxes tradicionais galegos

12 Febreiro 2026

O Liceo de Noia vai celebrar nas vindeiras semanas un taller de traxes tradicionais galegos: o Obradoiro Arromba o teu Traxe, destinado a veciñas e veciños que teñan roupa tradicional da nosa terra e non saiban como vestirse correctamente, ou que queiran aprender sobre as feituras, as formas e os materiais das prendas do traxe tradicional galego, respectando o xeito tradicional de vestirse.

Segundo informou o Liceo neste obradoiro práctico afondarase no uso axeitado das prendas antigas e na correcta colocación do traxe, poñendo en valor a nosa tradición.

Levarase a cabo o sábado 28 de febreiro, o domingo 15 de marzo e o sábado 21 de marzo. Cada sesión durará tres horas. Os prezos don de 50 euros en grupos de ate 20 persoas, e de 40 en grupos de 25 persoas ou máis. As inscricións pódense formalizar xa en liña a través do documento habilitado.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.