O IDIS celebra o Día da Muller e a Nena na Ciencia con estudantes de secundaria de Rianxo

11 Febreiro 2026

Como vén sendo habitual cada 11 de febreiro, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) celebrou o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cunha actividade dirixida a estudantes de secundaria. Desta volta, foron as alumnas e alumnos do IES Félix Muriel de Rianxo quen participaron en diversas iniciativas organizadas polo instituto de investigación compostelán.

A encargada de recibilas/os foi a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce Pico, quen lembrou a importancia de mostrar o traballo das mulleres investigadoras e, en xeral, o papel da muller nas disciplinas STEM (Science, Technology, Engineering e Mathematics), o tema sobre o que vira este ano a celebración do 11F.

“Visibilizar contribúe a crear referentes femininos nas áreas STEM e avanzar cara a unha ciencia máis xusta, inclusiva e igualitaria”, asegurou a directora científica.

Couce Pico sinalou, ademais, que o compromiso do IDIS vai máis aló de celebrar un día: “Traballamos para que máis nenas sentan motivadas a crer que o seu lugar na ciencia é lexítimo e necesario. Hoxe o noso instituto conta con 780 mulleres, que representan o 58 % do total. Aínda que só o 32 % lideran grupos de investigación, esta tendencia está a evolucionar progresivamente cara a un maior equilibrio”.

Indicou que na dita evolución ten moito que ver o traballo das propias mulleres investigadoras e científicas dentro e fóra dos laboratorios. Para mostrar esta dobre “carreira” que debe realizar a muller científica, cinco investigadoras do IDIS contaron a súa experiencia ao alumnado de secundaria: Mabel Sampedro, responsábel de Innovación e Transferencia de IDIS; Ana B. Crujeiras, investigadora principal do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición; Ana Sampedro Viana, investigadora predoutoral do grupo Neuroimaxe e Biotecnoloxía; Ana Barcia, técnica de laboratorio de Xenética e Bioloxía do Desenvolvemento das Enfermidades Renais, e María de la Fuente, líder do grupo de nano-oncoloxía e terapéutica traslacional.

Esta última, ademais de contar cunha extensa e recoñecida carreira no eido da investigación e a súa aplicación á sociedade, é referente estatal na loita pola igualdade das mulleres na ciencia, ao impulsar cambios substanciais para lograr que a maternidade non penalizase a carreira das investigadoras.

Ademais de charlar coas investigadoras, o alumnado de secundaria participou en diversos obradoiros para coñecer in situ o traballo que levan a cabo laboratorios como os de Oncoloxía e Cardioloxía Traslacional, Xenética ou a plataforma de Proteómica.

“Ver o labor que realizan no seu día a día e coñecer a súa experiencia permiten crear eses referentes tan importantes para que as nenas e adolescentes saiban o traballo que levan a cabo en favor de toda a sociedade e teñan iso presente á hora de tomar decisións sobre o seu camiño profesional”, indicaron desde o IDIS.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.