O Entroido de Outes arrinca ao grande coa gran festa infantil deste sábado no Pavillón da Serra

11 Febreiro 2026

Este sábado 14 de febreiro vaise sentir o Entroido en Outes cunha gran celebración para a rapazada da contorna. Será no Pavillón da Serra a partir das 17.00 horas cando se celebre a Festa Infantil do Entroido en Outes, na que haberá disfraces, obradoiros, xogos e moitas actividades creativas e de lecer. Contarase coa participación do equipo de Animar-T Animación, especializado en espectáculos infantís. O programa de actividades complétase con inchábeis, talleres, xogos populares e obradoiros de globloflexia e tatuaxes. Organiza o Concello de Outes.

Máis Entroido o día 18

En Outes o día grande do Entroido será o mércores 18 de febreiro, coincidindo co tradicional Enterro da Sardiña, que será unha das actividades estrela da axenda festeira. De feito, nesta mesma xornada celebrarase o Concurso de Disfraces de Outes, a partir das 17.00 horas praza de Galicia ou, en caso de que chova, no Pavillón Polideportivo da Serra. Se as condicións climáticas o permiten, farase un desfile (logo da quedada inicial) polas principais rúas da vila até a praza do Bosque. Toda a información (e as bases e a folla de inscrición) están dispoñíbeis na web municipal do Concello de Outes.

O Concurso de Disfraces de Outes vén con catro categorías: infantil (1 ou 2 nenas/os de ata 12 anos), individual (1 ou 2 nenas/os sen límite de idade), grupo (cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 8) e comparsa (formada por 9 ou máis persoas). Repartiranse 3.000 euros nos distingos premios do certame.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.