O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

12 Febreiro 2026

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza, nunha mañá na que a chuvia reuniu a todo o grupo nos corredores do Centro de Atención Integral.

A temática deste ano xirou en torno ás comunidades do mundo, polo que se intentou representar a estética de algúns dos moitos grupos socioculturais que conviven no planeta. Un tema no que participantes e técnicas levan traballaron nas últimas dúas semanas.

Así, as/os encargadas/os de abrir o desfile ao ritmo da música foron o grupo dos viquingos da Fábrica Social, aos que seguiron as geishas de ExpresArte. A continuación foi a quenda dos comanches de Tecnoloxía, tralos que desfilaron o grupo dos esquimós da sección de Peques.

Durante a segunda metade do desfile, pasearon polo corredor os masais de Formación, os aztecas do obradoiro UAP2 e os zulús da Fábrica Social.

Ao remate do desfile, o xurado foi o encargado de decidir os grupos que sobresaíron en cada categoría do concurso de disfraces. O tribunal estivo formado por Cándido Dieste e Artemia Carlés, familiares de dúas persoas que acoden á entidade; Lucía García, alumna en prácticas do AFD de Atención Sociosanitaria; e Laura Manzano, alumna-traballadora da formación dual Oficina de validación cognitiva.

Despois dunha intensa deliberación, o xurado entregou os diplomas aos grupos das distintas categorías:

Mellor disfrace: Esquimós

Mellor caracterización: Viquingos

Mellor maquillaxe: Aztecas

Mellor coreografía: Comanches

Mellor posta en escena: Zulús

Os máis simpáticos: Geishas

Mellor comparsa: Masais

Tralo concurso, os amicos e amicas desfrutaron xuntos dun día cheo de música, doces típicos, baile e moita diversión.

Ademais da celebración deste xoves, os cativos e cativas da área de Peques festexarán un pequeno entroido libre no centro de Amicos en Oleiros. Alí desfrutarán dunha mañá chea de música, baile, diversión e unha merenda conxunta.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.