O Concello de Rois conmemora o 8M coa entrega do III Premio 8M a Pilar Freire Esparís e un programa centrado na cultura e na igualdade

27 Febreiro 2026

O Concello de Rois celebrará o vindeiro venres 6 de marzo o acto central da programación con motivo do Día Internacional da Muller (8M), cunha cita institucional que terá lugar ás 17.30 horas no Auditorio Municipal.

O evento estará presidido pola entrega do III Premio 8M do Concello de Rois a Pilar Freire Esparís, profesora do departamento de Historia Económica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Este recoñecemento distingue a traxectoria, o compromiso e a contribución de mulleres referentes no municipio.

A programación do acto estrutúrase en cinco bloques diferenciados. En primeiro lugar, procederase á lectura da Declaración Institucional do 8 de Marzo, reafirmando o compromiso do Concello de Rois coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

Posteriormente terá lugar a entrega do III Premio 8M a Pilar Freire Esparís, seguida da entrega de premios do Concurso Escolar de Carteis do Día da Muller, unha iniciativa que busca implicar á comunidade educativa na reflexión e sensibilización arredor da igualdade.

A xornada continuará coa proxección do documental Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco, dedicado á figura da artista galega que é unha das creadoras máis singulares da xeración do 27, cuxa obra e traxectoria simbolizan a ruptura de barreiras e a reivindicación do papel das mulleres na cultura.

O acto pecharase cunha charla-coloquio dinamizada por Antón Reixa, que convidará ao público a participar nun espazo de reflexión colectiva arredor da igualdade, a cultura e a memoria das mulleres.

Con esta programación, o Concello de Rois consolida o 8 de Marzo como unha data de encontro, recoñecemento e reflexión colectiva, combinando o ámbito institucional, educativo e cultural nun mesmo espazo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.