O Concello de Ribeira inviste máis de 302.000 euros en catro proxectos para a mellora viaria e o saneamento nas parroquias de Santa Uxía, Corrubedo e Oleiros

13 Febreiro 2026

O Concello de Ribeira anunciou este venres 14 de febreiro a adxudicación de catro proxectos que permitirán a mellora viaria e o saneamento en varios puntos das parroquias de Santa Uxía, Palmeira, Corrubedo e Oleiros. O montante das actuacións ascende a 302.728,56 euros, procedentes do Plan de Obras e Servizos (POS+2025) e permitirán “poñer en marcha iniciativas moi demandas pola veciñanza”, informou o Goberno local.

Avenida de Buenos Aires en Corrubedo

O Concello engadiu que un dos proxectos servirá para levar a cabo a pavimentación da rúa Miguel Rodríguez Bautista –cun investimento de 62.553,84 euros- na parroquia de Santa Uxía de Ribeira. O prazo previsto para a realización dos traballo e dun mes.

En Palmeira, o Concello ten aprobado tamén á pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña, cun investimento de 96.977,31 euros e un prazo de execución de dous meses.

Pola súa banda, en Corrubedo está prevista a pavimentación da rúa Bos Aires, no treito comprendido entre a rúa do Canaval e a Travesía de Bos Aires. Cun prazo estimado de dos meses para a súa execución, este proxecto conta cun orzamento de 72.454,41 euros.

Por último, a terceira das actuacións permitirá a ampliación do saneamento en Muíños –parroquia de Oleiros- e foi adxudicada por un importe total de 70.743,00 euros e un prazo de execución previsto de tres meses.

“Estamos a falar de actuacións que permitirán avanzar na mellora da rede viaria e dos servizos básicos en distintos puntos do termo municipal, reforzando tanto a seguridade viaria como a calidade das infraestruturas hidráulicas e de saneamento”, indicou a alcaldesa María Sampedro. Estas intervencións, engadiu, “forman parte da planificación anual de investimentos financiados ao abeiro do POS+2025, co obxectivo de continuar modernizando os servizos públicos e dando resposta ás necesidades da veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...