O Concello de Ribeira executa as obras de pavimentación da contorna da Igrexa de Artes

20 Febreiro 2026

O Concello de Ribeira traballa na mellora do estado das estradas do conxunto do municipio. Nos últimos días, comezaron novas tarefas para a pavimentación, nesta caso na parroquia de Artes. O Concello explicou que con esta actuación preténdese mellorar toda a zona do templo parroquial mediante a substitución do actual pavimento de aglomerado existente, entre a propia Igrexa e o Cruceiro, por outro de pedra máis acorde coa contorna, afectando a una superficie aproximada de 520 m2.

O novo firme estará formado por lousas de granito abuxardado que se combinarán con lastros do mesmo material. A empresa Excavaciones Nima, S.L. é a adxudicataria desta actuación por un importe de 65.149,47 euros, incluída no Plan Complementario do POS+2023. Esta actuación conta cun prazo de execución de 3 meses.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.