O Concello de Ribeira conclúe as obras de pavimentación no camiño dos Muíños cun investimento de máis de 45.000 euros

26 Febreiro 2026

O Concello de Ribeira finalizou a execución das obras de pavimentación no Camiño dos Muíños, actuación incluída no Plan Provincial (POS+ 2024). Dende o Consistorio explican que o Camiño dos Muíños presentaba un pavimento moi deteriorado, con presenza de numerosas fochancas e disgregacións que dificultaban a circulación e supuñan un risco para vehículos e persoas usuarias da vía.

Co obxectivo de “mellorar a seguridade viaria” e “garantir unhas condicións adecuadas de tránsito”, levouse a cabo a renovación integral do firme con aglomerado en quente, que permitirá dotar á vía dunha maior durabilidade e resistencia. A obra foi adxudicada por un importe de 45.135,03 euros.

A alcaldesa, María Sampedro, destacou que “esta actuación permite dar resposta a unha necesidade real nunha vía moi transitada, mellorando a seguridade e as condicións de circulación”. Así mesmo, indicou que “o mantemento e a posta ao día das infraestruturas locais é unha prioridade, porque afecta directamente á calidade de vida no noso municipio”.

Esta actuación enmárcase na liña de mellora continua das infraestruturas municipais que o Concello está a desenvolver en distintos puntos do termo municipal, co fin de reforzar a seguridade e a calidade dos servizos públicos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.